A partir do luns, ábrese o Punto Limpo

IES CHAMOSO LAMAS

A PARTIR DO LUNS, 1 DE XUÑO, ÁBRESE O PUNTO LIMPO PARA PODER DEPOSITAR OS RESIDUOS VOLUMINOSOS

A Área de Medio Ambiente do concello do Carballiño informa que a partir deste luns, 1 de xuño, ábrese o Punto Limpo, e que, polo tanto, xa se poderán levar os residuos voluminosos, tras o período de peche da instalación por causa do coronavirus.

HIPER MASIDE

O horario para depositar este tipo de residuos neste lugar é de luns a venres, de 12,00 a 14,00 h, agás os días festivos.

Asimesmo, recórdase que a recollida de residuos voluminosos a carón dos contenedores só se pode facer mediante aviso previo, chamando ao teléfono do concello, 988 530007–Ext. 347 (Área de Medio Ambiente), de luns a xoves, e de 08,30 a 14,30 h.

Con moita frecuencia, algúns veciños deixan este tipo de residuos a carón dos contenedores calquera día da semana e a calquera hora, sen efectuar esta comunicación previa ao concello, polo que os residuos  permanecen na vía pública durante varios días. Para evitar este problema é absolutamente necesario respetar a ordenanza de recollida de lixo, que establece que os residuos voluminosos deben depositarse no Punto Limpo, ou ben deixalos a carón dos contenedores pero comunicando previamente ao concello o lugar do depósito para que se podan recoller