Dacal opina sobre a próxima Festa do Pulpo

O CARBALLLIÑO ADICA A PRÓXIMA FESTA DO PULPO AO PERSOAL DE SANIDADE E EMERXENCIAS QUE ESTIVO NA PRIMEIRA LINEA DA LOITA CONTRA O COVID-19

Ademáis destes colectivos, o concello quere recoñecer tamén o esforzo realizado por todo o persoal esencial que estivo nos seus postos de traballo durante o período de confinamento. 

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

A 58 Festa do Pulpo, que será o 9 de agosto, non terá o carácter de festa gastronómica multitudinaria de sempre, senón que por causa do coronavirus, será unha festa moito máis reducida, na que se tomarán todas as medidas establecidas para evitar posibles contaxios por Covid-19, e que estará a expensas da evolución da pandemia durante os meses de xuño e xullo.

Na medida do posible, intentarase manter na semana do 1 ao 9 de agosto un programa de actos de pequeno e mediano formato,  que terán lugar nas prazas do Carballiño respectando a normativa establecida para eventos culturais ao aire libre.

E o propio día da festa, establecerase un sistema que permita poder celebrar a festa entre o parque municipal e os establecementos hostaleiros, evitando posibles aglomeracións e respectando sempre as normas de prevención de contaxios.

Esta comunicación do concello trouxo unha gran polémica entre algúns dos veciños a través das redes sociais e tamén entre os partidos da oposición. Manuel Dacal quixo clarexar que a festa vaise facer xo dun xeito totalmente distinto e seguro: