Opinan os sanitarios sobre a celebración da Festa do Pulpo

SEGUE A POLÉMICA POLO ANUNCIO DO CONCELLO DO CARBALLIÑO DE CELEBRAR A FESTA DO PULPO AINDA QUE SEXA CUN FORMATO DIFERENTE MAIS REDUCIDO. ESTE ANO ESTARÁ DEDICADA AOS SANITARIOS E TAMÉN AO PERSOAL ESENCIAL QUE LOITOU EN PRIMEIRA LIÑA CONTRA O COVID19

A 58 Festa do Pulpo, que será o 9 de agosto, non terá o carácter de festa gastronómica multitudinaria de sempre, senón que por causa do coronavirus, será unha festa moito máis reducida, na que se tomarán todas as medidas establecidas para evitar posibles contaxios por Covid-19, e que estará a expensas da evolución da pandemia durante os meses de xuño e xullo.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Na medida do posible, intentarase manter na semana do 1 ao 9 de agosto un programa de actos de pequeno e mediano formato,  que terán lugar nas prazas do Carballiño respectando a normativa establecida para eventos culturais ao aire libre.

E o propio día da festa, establecerase un sistema que permita poder celebrar a festa entre o parque municipal e os establecementos hostaleiros, evitando posibles aglomeracións e respectando sempre as normas de prevención de contaxios.

Esta comunicación do concello trouxo unha gran polémica entre algúns dos veciños a través das redes sociais e tamén entre os partidos da oposición. Manuel Dacal quixo clarexar que a festa vaise facer xo dun xeito totalmente distinto e seguro:

Despois do revuelo e as numerosas críticas que xurdiron a raíz deste comunicado por parte de veciños e oposición municipal, nos quisemos coñecer de primeira man a opinión dos sanitarios e a lo menos, aos que nos lle preguntamos non están en contra de que se celebre. Eso sí, sempre que se respecten as normas de aforo e as medidas sanitarias oportunas. Este é o parecer do pediatra do Carballiño Martín Nogueira.

E tamén aproveitamos para preguntarlle enfermeira Belén González pola súa opinión.