Opinión do Circulo de Podemos sobre a Festa do Pulpo

Segue a polémica polo anuncio do concello do Carballiño de celebrar a festa do pulpo ainda que sexa cun formato diferente mais reducido. este ano estará dedicada aos sanitarios e tamén ao persoal esencial que loitou en primeira liña contra o covid19
ao círculo de Podemos no Carballiño lles preocúpanos moi seriamente coñecer de verdade cales son as prioridades do grupo de goberno municipal en este momento tan crítico que estamos a vivir.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Parece cando menos preocupante e unha total falta de responsabilidade anunciar isto e non explicar que medidas e protocolos se van seguir.

Nos parece que as prioridades do grupo de goberno seguen a ser as festas, pois ainda non publicaron a ordenanza de Emerxencia Social ou as bases para axudas a traballadoras afectadas polo Concello Podemos entende que ante esta situación extraordinaria se tomen medidas tarde ou equivocadas, o que non podemos permitir e asumir  é que haxa incompetencia e improvisación desubicada en estes momentos, e que unha vez máis o anuncio de festexos sexa a liña principal de actuación de este grupo de goberno