Baltar defende ante o delegado do Goberno e a ministra de Política Territorial as axudas aos autónomos e Pemes ourensáns

“É incomprensible a falta de transparencia e a ocultación de documentos que parece estar a dispoñer o subdelegado do Goberno en Ourense. A súa actitude (…) é un gravísimo exemplo de falta de colaboración institucional que non debe permitirse”, afirma Baltar

AUDIO de MANUEL BALTAR

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación de Ourense enviou senllas cartas a estes altos cargos #ante o risco de que poida perderse este apoio económico en favor dos autónomos, “por culpa das manobras que parece estar a levar a cabo o líder do PSOE en Ourense”

“Chegaremos ata as últimas consecuencias e ninguén nos vai a calar nin vai censurar as nosas reivindicacións. Faremos todo o posible, legal e administrativamente, para axudar aos autónomos e ás súas familias de Ourense, que tantas necesidades teñen, provocadas pola crise do COVID-19”, asegura Manuel Baltar

“Farase xustiza cos autónomos e de Ourense e as súas familias”, asegura o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen onte enviou senllas cartas ao delegado do Goberno een Galicia e á ministra de Política Territorial, a quen demanda que tomen cartas no asunto para defender as axudas económicas ás autónomos e Pemes, que outorga a Deputación de Ourense como medida para paliar as graves consecuencias económicas que o COVID-19 está a provocar nestes sectores da economía ourensá, “unhas axudas que están en risco polas manobras e tretas de puro egoísmo electoralista que parece estar a levar a cabo o líder do PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino”, afirma Manuel Baltar, quen leva días denunciando esta circunstancia

O presidente da Deputación de Ourense enviou senllas cartas a estes altos cargos “#ante o risco de que poida perderse este apoio económico en favor dos autónomos, por culpa das supostas manobras de Rodríguez Villarino, pero que non dubiden os autónomos e Pemes de Ourense de que seguiremos traballando para evitar que Rodríguez Villarino alcance ese obxectivo. Chegaremos ata as últimas consecuencias e ninguén nos vai a calar nin vai censurar as nosas reivindicacións. Faremos todo o posible, legal e administrativamente, para axudar aos autónomos e Pemes e ás súas familias de Ourense, que tantas necesidades teñen, provocadas pola crise do COVID-19”, asegura Manuel Baltar.

Na carta enviada ao delegado do Goberno en Galicia, Manuel Baltar expresa: “A Deputación que me honro en presidir aprobou en pleno extraordinario celebrado no mes de abril axudas directas a autónomos e pequenas e medianas empresas nos 91 concellos de Ourense menores de vinte mil habitantes, colaborando así na necesaria reactivación económica tras a crise sanitaria provocada pola pandemia do COVID-19. Unha cooperación cunha parte importante do tecido produtivo provincial que tamén puxeron en marcha moitas entidades locais –gobernos provinciais e concellos- en todo o territorio nacional.

“De forma estraña, por extraordinaria pois non sucede noutras provincias, o subdelegado do Goberno en Ourense remíteme escrito con data 26 de maio no que me anuncia a revisión da legalidade das devanditas axudas, unha decisión que produce unha gran preocupación aos seus miles de destinatarios, en moitos casos xa coa cantidade correspondente ingresada nas súas contas. Creo que esta revisión non se produce, por poñer exemplos dentro de Galicia, respecto a axudas similares dispostas por concellos como o da Coruña ou o de Lugo, circunstancia que delata un comportamento peculiar que imaxino tamén es capaz de observar.

“A indignación deste goberno provincial aumenta cando non se atende a nosa solicitude de poñer ao dispor da Deputación de Ourense, a través do Punto de Acceso Xeral Electrónico, a totalidade dos documentos integrantes do expediente de requirimento de ampliación da información relativa ás bases reguladoras dos procedementos de concesión de subvencións a traballadores autónomos e pequenas empresas, incluíndo cuantos informes, antecedentes ou escritos desen lugar á decisión de formulación do requirimento de referencia.

“Con data 9 de xuño reiteramos ao subdelegado do Goberno a nosa solicitude e que nos diga expresamente se nos está denegando o acceso ao expediente con indicación dos recursos ou accións administrativas ou xudiciais que lle corresponderían a esta Deputación.

“É incomprensible a falta de transparencia e a ocultación de documentos que parece estar a dispoñer o subdelegado do Goberno. A súa actitude non concedéndonos o trámite de vista e audiencia, dada a nosa condición de interesados directos no procedemento, non só contravén os dereitos que a lexislación vixente outorga aos veciños senón que é un gravísimo exemplo de falta de colaboración institucional que non debe permitirse.

“En aras da lealdade entre administracións públicas particípoche esta situación porque dita actitude puidese supoñer un uso partidista da institución, tanto a posta en marcha da revisión como a ocultación posterior de documentos, que é contraria a calquera modelo democrático de funcionamento das institucións. Queremos coñecer que motivou o procedemento de revisión de legalidade, quen o promoveu e con que intereses. Os miles de ourensáns que perciben estas axudas en todo o territorio provincial deben coñecer se se debe a unha revisión de oficio ou se obedece á petición de alguén que está a poñer en risco unha inxección económica de liquidez nun momento moi difícil no que todos debésemos estar na dinámica de construír e solucionar problemas.

“Evidentemente, delegado, estamos absolutamente convencidos da legalidade das devanditas axudas, das súas bases reguladoras, ao contar cos informes xurídicos e económicos favorables dos empregados públicos provinciais deste goberno provincial.

A carta de Manuel Baltar á ministra de Política Territorial recolle os mesmos argumentos e solicita, ademais, coñecer “se esta revisión da legalidade das axudas prodúcese tamén respecto das aprobadas por outras entidades locais en España, intuíndo que non, circunstancia que delata un comportamento peculiar. Son momentos de reconstrución nacional e de cooperación como tivemos a oportunidade de resaltar na Videoconferencia, dada a miña condición de membro da Xunta de Goberno da FEMP, do pasado 25 de abril contigo, coa vicepresidenta 4ª e co Ministro de Sanidade”, expresa Baltar.