O PP nacional apoia aos populares ourensáns na súa petición de dimisión de Villarino e o subdelegado do Goberno

IES CHAMOSO LAMAS

O vicesecretario xeral do PP, Antonio González Terol, acompañado polo secretario de Política Provincial, Javier Aureliano García, mostrouse “atónito” ante o que cualificou como “un inaudito uso partidista das institucións do Estado contra a acción de goberno da Deputación”, advertindo que “quen máis perden con este condenable proceder son os autónomos e as pemes, necesitados do apoio público para reactivar as súas empresas e, por tanto, a economía, o emprego e o benestar das familias”.

Desde a sede o PP de Ourense e acompañado polos membros do grupo provincial popular, Manuel Baltar relatou aos membros da dirección nacional os detalles deste “desagradable intento por danar aos verdadeiros xeradores de emprego e riqueza na provincia”.

SPORTUR GALICIA 2022

A dirección nacional do PP expresou hoxe o seu apoio á petición de dimisión, realizada polos populares ourensáns, do secretario provincial socialista, Rafael Rodríguez Villarino, e do subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, ante o intento de boicot das axudas habilitadas para autónomos e pemes por parte da Deputación de Ourense. “Un inaudito uso partidista das institucións”, afirmou o vicesecretario xeral do PP, Antonio González Terol, quen acompañado polo secretario de Política Provincial, Javier Aureliano García, mantivo unha videoconferencia co presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, e os membros do grupo provincial popular.

Desde a sede dos populares ourensáns, Manuel Baltar explicou as iniciativas que tanto a institución provincial como o PP de Ourense están a levar a cabo “para poñer luz e taquígrafos á actuación partidaria e sectaria” do portavoz socialista na Deputación, “instigador da revisión do expediente de legalidade posto en marcha polo subdelegado do Goberno contra estas axudas”.

Nesta liña, relatou aos representantes da dirección nacional do PP os últimos datos solicitados acerca deste “desagradable intento por danar aos verdadeiros xeradores de emprego e riqueza na provincia”, en referencia á documentación feita pública onte mesmo polo propio Baltar, e na que se demostra que a revisión do expediente de legalidade das axudas iniciado polo subdelegado ten a súa orixe nun “requirimento verbal á Subdelegación por parte do representante do PSOE na Deputación”.

Tras escoitar o relato do presidente provincial popular, o vicesecretario xeral do PP, Antonio González Terol, mostrouse “atónito” #ante o que cualificou como “un inaudito uso partidista das institucións do Estado contra a acción de goberno da Deputación”, advertindo que “quen máis perden con este condenable proceder son os autónomos e as pemes, necesitados do apoio público para reactivar as súas empresas e, por tanto, a economía, o emprego e o benestar das familias”.

González Terol afirmou non coñecer en España ningún caso destas características. “Pódese estar ou non de acordo coas iniciativas dun goberno, votar en contra, absterse ou propoñer alternativas, pero non podo pensar, e moito menos entender, que se pretenda quitar o apoio público a quen o precisa nestes momentos con manobras tan bastas como esta”.

Os socialistas, lembrou Terol, estiveron apelando continuamente á lealdade co Goberno e as medidas adoptadas para frear a pandemia, “e o PP así o fixo, con discrepancias e crítica política, votando a favor, absténdonos despois e finalmente cun voto en contra das concesións a unhas determinadas comunidades autónomas fronte a outras, e ás cesións aos seus socios de investidura para incluír nas prórrogas do estado de alarma cuestiones que nada teñen que ver coa pandemia”. Iniciativa política, engadiu, “pero non conspiracións pola porta de atrás para impedir a acción de Goberno, como fixo o representante do PSOE en Ourense”.

Nunha liña similar expresouse Javier Aureliano García, secretario de Política Provincial, área incorporada recentemente á estrutura do partido e que só posúe o PP, para a defensa das entidades locais. “As provincias non só son circunscricións electorais, senón que realizan un traballo moi importante a través das Deputacións apoiando aos concellos e os seus habitantes, por iso resulta aínda máis incompresible, e condenable ao mesmo tempo, que uno dos representantes da provincia, aínda que sexa doutro partido, vaia en contra da economía e as familias”.