Sanidade comunica un positivo por covid nunha traballadora de Quercus. Xa se fixerón PCR a todo o personal e usuarios

Sanidade confirmou un positivo por coronavirus dunha traballadora da Residencia Quercus de Leiro.

Hoxe pola maña seguindo os protocolos fixeronse as probas de Pcr a todas as traballadoras e traballadores asi como a todos os usuarios. Probablemente maña se sepan os resultados das mesmas.

Os familiares dos usuarios xa foron informados desde o primeiro momento. A Residencia segue funcionando con normalidade e seguindo os protocolos marcados polas autoridades sanitarias

Publicidade Premer na Imaxe