O concello plantexa á Confederación a creación dunha praia fluvial en Toscaña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, consultoulle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a viabilidade da creación dunha praia fluvial no entorno de Toscaña, complementando a oferta de áreas recreativas de baño do municipio da piscifactoría. Esta última ubicación presenta algúns problemas que poden resultar perigosos para o baño, coma a abundancia de rocas e a falla de acondicionamento. Dende a administración local esperan que a resposta da entidade sexa positiva.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nestes días comezarán os traballos de acondicionamento do paseo fluvial do Arenteiro, outra actuación tamén en colaboración ca Confederación Hidrográfica que se acometerá na súa totalidade no próximo exercicio.