Xunta e Deputación terán encontros menuais para analizar as necesidades da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co presidente da Deputación, José Manuel Baltar.

Como consecuencia desta colaboración os representantes de ambas as dúas administracións manterán xuntanzas de periodicidade mensual co obxectivo de intercambiar a información da que dispoñan ambas institucións sobre necesidades e proxectos de concellos e entidades que operan no territorio provincial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Gabriel Alén comparte con José Manuel Baltar o desexo de iniciar unha etapa de “absoluta cooperación” entre ambas as dúas administracións  en beneficio e benestar da veciñanza e co obxectivo de mellorar a calidade dos servizos públicos prestados.