O concello pon en marcha o plan de mobilidade “Móvete por San Amaro” con tres fases de actuación

O tenente-Alcalde, Carlos Paz González, ven de presentar -xunto ao xerente da Empresa Montañesa, Manuel Carballeda, a primeira fase do plan de mobilidade “Móvete por San Amaro“.

Publicidade

Nesta primeira fase, procederase -despois de diversas conversas coa única empresa que realiza servizos no termo municipal- á información e posta en valor dos servizos de transporte público existentes, combinando diversas tipoloxías de transporte, como son a liña regular, o bus compartido ou o transporte á demanda. Neste senso, hoxe xoves día 8, estase procedendo a colocar carteis informativos en cada marquesina do termo municipal.

Nos vindeiros exercicios, continuarase traballando na redacción do plan de mobilidade, co seguinte cronograma:

A FASE 1, neste ano, pretende informar e provomer os servizos exsitentes, ca liña regular, o bus compartido e o transporte a demanda. A FASE 2, que será no 2021, consistirá nun informe que evalúe a demanda de transporte no municipio, e a FASE 3, nos anos 2022 e 2023, que poñerá en marcha un servizo combinado de transporte acorde cos tempos e mobilidade dos veciños.