Espazo Común pide purificadores de aire para espacios pechados

Afirman que, segundo informes de moi prestixiosos científicos, a transmisións por aerosois pode representar ata o 75 % dos brotes máis importantes que estamos a padecer. Os aerosois son as partículas procedentes das nosas bocas que quedan suspendidas no aire en lugares pechados e sen a axeitada ventilación. Aseguran dende a formación que o mellor método coñecido para saber se un local está ben ventilado é o emprego de medidores de CO2. Visto todo o anteriormente comentado solicitan a adquisición por parte deste Concello de medidores de CO2 para tódolos edificios públicos: colexios, institutos, residencias, biblitotecas, conservatorio, instalacións municipais, etc..; a adquisición de rexeneradores de aire con filtros HEPA para aqueles locais públicos que carezan de ventilación natural axeitada e a implantación dunha liña de axudas económicas para que comercios e establecementos de hostalaría poidan adquirir estes medidores e rexeneradores de aire.