Marina Ortega reclama impulsar a libranza por coidados fomentando a igualdade nos coidados e profesionalización do servizo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O GRUPO SOCIALISTA RECLÁMALLE Á XUNTA O REFORZO DOS EQUIPOS DE VALORACIÓN DA DEPENDENCIA PARA AXILIZAR CANTO ANTES AS LISTAS DE ESPERA

. A portavoz de Política Social, Marina Ortega, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que urxe á Xunta a reforzar os equipos de valoración da Dependencia co obxectivo de axilizar os trámites. Ortega reclama o reforzo e impulso da libranza por coidados na contorna familiar “fomentando a igualdade nos coidados e a profesionalización do servizo mediante a formación dos coidadores e coidadoras”.

A responsable socialista advirte que a pandemia “agrava a situación moito máis se cabe” para unhas persoas en situación límite polos recortes aplicados á Lei da Dependencia polos gobernos do PP tanto en Galicia como no Estado dende 2012. O contexto da covid, explica, vén a complicar aínda máis a situación dunhas persoas dependentes que precisan dun familiar como coidador, o cal está a ver limitada a súa actividade laboral e posibilidades profesionais.

Sinala que, malia que Galicia é a Comunidade Autónoma que máis percibe por parte do Estado en canto á dependencia, é a segunda que menos inviste por habitante de toda España polos recortes dos gobernos do PP. Así, a libranza de coidados na contorna familia foi recortada polo PP, afectando principalmente ás persoas con máis grao de dependencia.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais, advirte de que Galicia está “lonxe de cumprir os prazos establecidos por Lei”, que fixa tres meses para a resolución de grao de dependencia e outros tres meses para a resolución do Programa Individual de Atención.

PREMER NAS IMAXES

Pregunta

Proposición

Interpelación

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------