A Corporación de Beade decidiu celebrar un pleno extraordinario solicitado polo grupo da oposición do PSOE, que quería plantexar unha serie de preguntas ó concello. A sesión apenas durou uns minutos, xa que o rexedor, Senén Pousa, negouse a dar resposta ás preguntas feitas pola oposición, manténdose calado ata que deu por finalizada a sesión.
O PSOE pedía información sobre a recente dimisión da tenente alcalde, Susana Fernández Pousa. Tamén pedían explicacións sobre as vantaxes de permanecer dentro da Mancomunidade do Ribeiro e preguntaron sobre as medidas que se tomaron para apoiar ós escolares nesta pandemia no caso de que teñamos que vivir un novo confinamento.