O concello de Boborás procederá a facer un cambio no alumeado público nas zonas de Brués, Fondo de Vila, A Groba, Paradela, A Penela e no núcleo de Boborás.

Este cambio será ó sistema LED, o consecuente aforro enerxético. Para poder efectualo, o concello conta cunha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da enerxía.

O seu custe estimado ascende a máis de 224.000 euros, que estarán financiados no 80% pola entidade dependente da Xunta de Galicia. Segundo a alcaldesa, este cambio suporá un aforro enerxético para o concello do 80% anual, polo que estas vantaxes fan que dende a administración local estean a traballar para completar o cambio do alumeado público en todo o municipio.

Esta pendente de aprobación polo IDAE