Valoración do Bng do debate do estado da provincia

IES CHAMOSO LAMAS

A visión triunfalista do PP rexeita a maioría das propostas do BNG mentres a provincia esmorece pola falta de medidas ambiciosas.

No debate do estado da provincia de Ourense o  PP fixo gala dunha visión tan idílica como irreal na que choca o discurso triunfalista de Baltar cos datos demográficos e económicos que padece a provincia.

HIPER MASIDE

AUDIO Bernardo Varela voceiro do BNG

 “Para o BNG este foi un pleno clarificador onde o grupo de goberno, con Baltar á cabeza e respaldado polo señor Caride, atopa que a situación desta provincia é unha situación idílica onde pouco queda por mellorar”, analiza Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense.  O que en boa medida explica o “pouco ambiciosas que son as propostas do Partido Popular” para unha provincia que esmorece, tal é como lle recriminou o voceiro do BNG ao grupo de goberno provincial no transcurso do pleno.

 “Desde o BNG discrepamos profundamente con esta visión”. Así o manifesta Varela  afirmando que “consideramos que non pode ser que esta provincia permaneza parada e sen combater as causas estruturais do seu atraso. Nin que a  desaparición de 2000 ourensáns nun só ano, siga sendo unha realidade habitual na provincia e que isto non nos leve a reflexionar e poñer propostas que potencien as nosas principais fortalezas”

Ante esta situación, desde o BNG trasladamos unha serie de propostas que entendíamos que serían beneficiosas para o conxunto da cidadanía. Destacando aquelas que fan participes aos concellos na xestión do futuro da provincia. Propoñendo que sexan criterios obxectivos os que rexan no reparto de fondos provinciais para os concellos, como institucións máis próximas á veciñanza . “Debe pórse en valor o papel dos concellos ante a pandemia e a difícil  situación en que van quedar pola merma de ingresos e as necesidades acuciantes que están a afrontar pola COVID-19 cara a súa veciñanza” clarifica Varela.

 E xunto a estas medidas, o BNG fixo tamén especial finca pé en apoiar o sector primario  e artesanal, pois  a súa ligazón ao territorio pon en valor o noso rural, o noso medio ambiente e a nosa riqueza patrimonial. “E para elo propuxemos non só axudas económicas senón tamén poñer á súa disposición aquelas instalacións e parcelas da Deputación que actualmente se atopan ermas” sinala o voceiro do BNG. “Sen esquecernos de medidas en apoio a pequenas empresas, autónomos, asociacións culturais e clubs deportivos para os que propuxemos a apertura de liñas de axuda habilitadas por concorrencia competitiva e detraídas do 50% do remanente de tesourería da Deputación.  Ou mediada de aforro, como a supresión do INORDE pola súa inoperatividade”. Todas elas medidas rexeitadas polo Partido Popular e o grupo de goberno da Deputación provincial.

 Desde o  BNG entendemos que Ourense si é viable implementando as proposta que trasladamos a este pleno. Propostas que o PP e o señor Caride rexeitan sistematicamente, valora o voceiro nacionalista na deputación provincial de Ourense.