Os deputados populares emendan os PXE de 2021 para corrixir o agravio do goberno de Sánchez con Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os deputados ourensáns no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, deron a coñecer hoxe as emendas que presentou o grupo parlamentario popular aos Orzamentos Xerais do Estado para 2021, “na procura dun maior investimento na provincia e para corrixir o agravio do goberno de Sánchez con Ourense”.

Os representantes populares na Cámara Baixa explicaron que o goberno consignou para a provincia un investimento de 123,48 millóns de euros, “que é notoriamente inferior aos 414,72 millóns de euros dos orzamentos de 2018 aprobados polo goberno de Rajoy”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por esta razón, os deputados ourensáns presentaron un paquete de emendas para elevar os investimentos na provincia  con 54 millóns de euros máis.

Ana Vázquez e Celso Delgado sinalaron tamén que as máis de 1.500 emendas parciais que o  grupo parlamentario popular rexistrou aos orzamentos van na dirección que necesita España para a súa reactivación económica. Delas 165 corresponden ao articulado, na liña da emenda á totalidade presentada anteriormente polo PP, e a meirande parte das restantes son de carácter territorial e sobre infraestruturas incluídas nestes  orzamentos.

DETALLE DAS EMENDAS DO PP DE OURENSE.

Estradas: 9.500.00 euros

  • Respecto do Variante Norte de Ourense, tramo  Eirasvedras-Quintela que no proxecto de PXE para 2021 só recibe uns insignificantes 100.000 euros, os populares presentaron unha emenda para aumentar ata os 4 millóns de euros E posibilitar a licitación dunhas obras que xa terían que ser licitadas en 2019, pero que os socialistas decidiron frear dun modo deliberado pese a ser unha actuación prioritaria.
  • En referencia aos demais tramos da autovía A-56 (Ourense-Lugo), se rexistraron emendas para os tramos Quintela-A Casilla (400.000 euros) e Casilla- Cambeo-Sanmartiño (400.000 euros). A súa construción é fundamental para darlle funcionalidade ao tramo San Martiño-A Barrela norte, aberta ao tráfico desde setembro.
  • Sobre a autovía A-76 (Ourense-Ponferrada), ante o descarado agravio que supón que o tramo máis avanzado administrativamente, A Veiga de  Cascallá-O Barco de Valdeorras, reciba unha ridícula consignación de 100.000 euros, os populares rexistraron unha emenda para aumentar a súa dotación ata os 4 millóns de euros e así posibilitar a licitación dunhas ansiadas obras en Valdeorras.
  • Tamén se presentou outra emenda de 200.000 euros para o seguinte tramo, A Veiga de Cascallá-Requejo (León).
  • Observando ademais que no proxecto orzamentario socialista non figura ningunha consignación específica para a mellora da  seguridade viaria na intersección de Ribela (Coles) na  N-525, rexistrouse unha emenda de 500.000 euros para posibilitar a licitación das obras. E igualmente, ante a ausencia de consignación para a remodelación do enlace da Rúa na N-120,  presentouse outra emenda por importe de 200.000 euros.

Ferrocarril: 43.089.000 euros

  • ·         Os deputados rexistraron emendas por importe de 20 millóns de euros para incrementar a dotación orzamentaria de dous novos epígrafes que son os Corredores “TEN-T” de ADIF e de ADIF-AV. Aquí encáixan actuacións vinculadas á obtención de fondos con cargo ao Mecanismo de Recuperación e  Resiliencia da Unión Europa. A dotación prevista de 25,6 millóns parécenos claramente insuficiente para as necesidades ferroviarias da provincia. Con esta emenda tamén se pretende impulsar a dotación da variante exterior ferroviaria de Taboadela a Ourense
  • Para o impulso de infraestruturas no Corredor Atlántico Noroeste, que inclúe a conexión ferroviaria Venta de Baños-Palencia-León-Astorga-Monforte-Ourense-Vigo-A Coruña, co obxectivo de incrementar o potencial industrial, a eficiencia loxística e fomentar unha mobilidade máis sostible, pídese noutra emenda que se inclúan actuacións ferroviarias en Galicia por importe de 50 millóns de euros dos que a cuarta parte, 12,5 millóns, se imputarían a Ourense.
  • Ante a ausencia dunha partida concreta para as actuacións pendentes de realizar por ADIF-AV, na estación de alta velocidade de Ourense (a cubrición parcial da praia de vías, a pasarela peonil de conexión urbana para a mellora da permeabilidade transversal ou o viario sobre a praia de vías. etc) solicítanse 10 millóns de euros.
  • E tamén presentouse unha emenda de 589.000 eurosque permita executar as obras do paso inferior na rúa Ramón Puga e do paso superior na Rúa Tarascón.

Outras emendas

  • A recuperación e restauración de Panda Norte e Sur do Claustro e Hospedería no Mosteiro de Melón, 1 millón de €.
  • A segunda fase do paseo do Rio  Badella en Bande: 280.000 €
  • Plan de reformas Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar: 150.000 €.
  • E outras globais de Galicia, que afectan á provincia de Ourense, como investimentos para conservación do medio natural con afectación ás Reservas da  Biosfera (Xurés-Allariz), para unha estratexia de resiliencia turística, recollida selectiva de residuos en núcleos rurais, promoción do Xacobeo. Etc., por importe de 10,7 millóns de euros.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------