O Carballiño mantén 18 casos activos, mentres Beariz preocupa con 20 casos

O Concello do Carballiño mantén hoxe os mesmos casos activos ca onte, un total de 18. Isto amosa que a situación está estabilizada en canto a contaxios novos e altas. A comarca sobe os casos totais, con 57 persoas. O concello mantén a cor verde no mapa epidemiolóxico, coma nos últimos días dende o xoves pasado.

Hoxe o foco está posto en Beariz, igual ca esta fin de semana. O pasado venres rexistrábase un brote na residencia de maiores que fai que o número de casos neste municipio ascendera dos 3 ós 20, que mantén hoxe. O resto de concellos mantéñense estables. Boborás conta con 4 casos activos; O Irixo conta con dous casos; Piñor mantén 6 casos activos; Punxín conta cun caso; San Cristovo de Cea conta con 3 casos e Maside baixa un caso ata os tres. O único concello libre de coronavirus é San Amaro.

AVANTAR ACTIVIDADES