O presidente da CHMS explica á Xunta de Goberno o proxecto de Orzamento para o 2020 que supera os 37 mill/€

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), José Antonio Quiroga, convocou hoxe aos membros da Xunta de Goberno da Demarcación para dar conta do proxecto de Orzamento para 2021 e do resultado da información pública dos documentos iniciais, base do 3 er ciclo de Planificación Hidrolóxica, entre outros asuntos. Neste órgano colexiado e de goberno da CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, están representadas as distintas Administracións presentes no territorio, ademais dos usuarios da auga – abastecemento, regadíos, usos enerxéticos, e outros usos-. Proxecto de Orzamento A CHMS someteu á Xunta de Goberno o proxecto de orzamento para o próximo ano 2020, cifrado en 37 millóns de euros, dos cales o 56% do mesmo destínase a investimentos. Investiranse 9,7 millóns en labores de limpeza e mellora de leitos, 20,8 mill/€ para actuacións propias a executar en DPH, presas e outros bens e para dar cobertura a Convenios subscritos con Corporacións Locais, entre outros investimentos. Increméntase o importe de 78.000 a 224.000 euros á consignación de 4 novas subvencións nominativas, que se suman ao cinco xa existentes, e destinadas a incentivar actuacións ambientais relacionadas coa auga, para executar por entidades sen ánimo de lucro.

Publicidade
Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), con Nava Castro Domínguez (Directora de Turismo da Xunta de Galicia) e Juan Rivas para falar da organización do I Congreso de Innovación, Tecnoloxía e Ideas Disruptivas “Utopía_NW”.

Planificación Hidrolóxica Noutro dos puntos da orde do día, o presidente deu conta á Xunta de Goberno da finalización, o pasado 30 de outubro, da consulta pública do Esquema provisional de Temas Importantes ( EpTI) en materia de xestión das augas, da parte española da demarcación do Miño-Sil. “A participación foi elevada, recibíronse un total de 44 escritos de propostas, observacións e suxerencias, fronte aos 23 recolleitos no período de consulta do EpTI do ciclo anterior 2015-2021. Todas os escritos recibidos serán analizados e respondidos de forma particularizada e incorporarase ao documento consolidado a información que se consideren máis apropiada” explicou Quiroga. “Buscamos o máximo grao de acordo nas solucións para aplicar a cada un dos 16 temas importantes e o máximo cumprimento posible dos obxectivos ambientais para conseguir o bo estado de todas as masas de auga da demarcación” concluíu o presidente.