Sete vilas medievais da UE estiveron a traballar neste pasado sábado para por en marcha un proxecto para a promoción e a protección do seu patrimonio histórico a través da Cultura.
Celebraranse Congresos rotatorios para o I+D, a Festa da Istoria incorporara representacións e eventos orixinarios dos 7 países, abrirase un Museo 3D e engadirase o “Dia Europa Creativa” ao calendario regular de actividades culturais do Concello de Ribadavia.
Os artistas, creadores e investigadores locais e rexionais serán convocados por Bandos Municipais para presentar as súas obras, investigacións e creacións, que serán representadas e distribuídas nos 7 países e para una audiencia global.
O proxecto culminarase no ano 2027 coa creación e rexistro da nova Asociación Oficial de Vilas Medievais da Unión Europea, permanentemente aberta a incorporación de novas vilas medievais europeas, e que dará continuidade a iniciativa con carácter indefinido.