Ribeiro en Común reclama unha maior limpeza do municipio

Aseguran que os problemas de limpeza afectan tanto ás rúas máis céntricas de Ribadavia como aos pobos do municipio e que moitos veciños lles deron queixa de que as rúas levan días sucias e ninguén da limpeza pasa por alí, destacando a mala situación do casco histórico e as rúas principais de Ribadavia na que os excrementos de cans poden encontrarse durante varios días.

Afirman que a recollida do lixo e moi deficiente con poucas recollidas semanais e case nulos os fins de semana. Aseguran que esto xa o denunciaron no verán, cando máis prexudicial é polos cheiros e molestias que ocasiona.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro en común pide unha limpeza profunda das rúas e núcleos do municipio que se atopan moi sucios é que se aplique a normativa de limpeza. Rexistrarán unha proposta para que o Concello de Ribadavia aumente a partida nos Orzamentos 2021 para ampliar o servizo municipal de limpeza con novas quendas e aumentar horarios para que poidan chegar a todos os núcleos do município e en horario de fin de semana.