A reforma integral de Aquilino Sánchez presentou problemas de execución logo de dous anos, supondo o afundimento do firme. Nas últimas semanas, iniciouse de novo a súa reforma, tratando de paliar os erros iniciais de construción. Actualmente, o tráfico está limitado a sentido único, debido a que un dos carrís está corado.
En agosto do 2018 iniciouse unha reforma integral. Dende o goberno aseguraban que o acondicionamento era necesario polo estado de deterioro no que se atopaba esa zona da vila. A financiación superou os 120.000 euros, sendo unha das partidas máis fortes dos presupostos de ese ano destinadas a obras. Os traballos supuxeron unha nova rede de abastecemento e saneamento e a realización dunha conexión co colector do Carrás, que se encarga de residuos urbanos. Fai apenas unhas semanas, dende Espazo Común aseguraban que pedirían unha auditoría de obras, na que se incluían as de Aquilino Sánchez, asegurando que os afundimentos de agora son un perigo.