14 de febreiro: “dia dos Namorados”

Cada 14 de febreiro celébrase en moitas partes do mundo o Día dos Namorados ou Día de San Valentín, momento no que o amor toma protagonismo e sucédense escenas románticas por todos os recunchos do planeta. Os namorados fan agasallos ás súas parellas, pídese matrimonio á persoa amada e as redes sociais énchense de frases de amor e tamén de memes sobre o Día dos Namorados, algúns deles moi imaxinativos e divertidos.

Publicidade

A pesar da fama comercial desta celebración, a orixe do Día dos Namorados vén de moi antigo.

Trátase dunha festividade relixiosa, ou máis ben podemos dicir, que a igrexa apropiapouse dela, xa que se coñece polo nome dun santo. E non se trata dun santo calquera, senón dun que se revelou ao poder no seu momento e sufriu as consecuencias por iso.

Resulta que, na Roma do século III, o emperador Claudio II decidiu prohibir os matrimonios dos mozos, considerando que os solteiros sen familia eran mellores soldados ao non ter vínculos sentimentais nin ataduras de parella. Tampouco hai que obviar o feito de que nesta época o cristianismo foi prohibido en Roma.

Un sacerdote chamado Valentín considerou que isto era un erro e decidiu saltarse a orde e casar en segredo a todos os mozos namorados que así o quixesen. Ao decatarse o emperador deste acto de rebeldía sentenciou a matar ao sacerdote Valentín un 14 de febreiro do ano 270.

San Valentín é o patrón dos Namorados e por isto celébrase todos os anos o 14 de febreiro o Día de San Valentín ou Día dos Namorados.

Existen numerosas lendas ao redor da historia de San Valentín, pero son só lendas, polo que non sabemos de certo se chegaron a producirse. De feito, fálase de que mentres o sacerdote Valentín estaba nos calabozos esperando o seu fatal destino, namorouse dunha moza cega que tamén se atopaba encarcerada e á que cursou o milagre de poder ver antes de morrer.

Máis información en : diainternacionalde.com

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

14 de febreiro: 1859
Nace en Galesburg, Illinois (EE. UU.), o enxeñeiro estadounidense George Washington Gale Ferris Jr., que en 1893 e con motivo da exposición universal celebrada en Chicago, deseñará a primeira noria de atracción moderna, unha inmensa construción de 80 metros de altura e un diámetro de 76 metros, con 36 góndolas de mader
1766
Nace en Dorking (Reino Unido) Thomas Malthus, economista inglés e pai da demografía. Será máis coñecido pola súa teoría de que o crecemento da poboación, en progresión xeométrica, tende sempre a esgotar a subministración de alimentos, polo que continuamente deberá coidar os límites da reprodución

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

14 de febreiro: 1779
James Cook, explorador e navegante inglés morre asasinado no transcurso dunha escaramuza cos indíxenas das illas Sandwich (concretamente na baía Kealakekua, Hawai).
1571
Falece en Florencia (Italia) Benvenuto Cellini, ilustre renacentista, escultor Manierista, refinado ourive e escritor italiano que realizou xoias e adornos con exquisito gusto

SANTORAL

14 de febreiro: Cirilo y Metodio, patronos de Europa. Nostriano, Elecaudio, obispos; Adolfo, confesor; Valentín, Vidal, Zenón, Ammonio, Cirión, Casiano, Agatón, Moisés, Dionisio, Próculo y Filemón, mártires; Antonio y Auxencio, abades.