O alcalde de Maside pedirá unha nova coberta para o centro de saúde á Xunta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, anunciaba fai uns días que mañá, día 24 de marzo, desprazaríase a Santiago para manter unha reunión de traballo co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Entre as propostas que lle porá sobre a mesa está a reparación da cuberta do centro de saúde.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo o alcalde, as reparacións mediante parcheado foron moitas e agora é necesario unha reparación integral, para a que pedirán a colaboración nunha inversión que alcanza os 60.000 euros. Asegura José Manuel Iglesias que as disposicións por parte da Xunta foron boas en relación con este tema.