O concello de Beade conta con 7 casos activos, os mesmos dende o pasado venres, representando o máximo da comarca do Ribeiro. O cribado realizado o pasado venres deixou 0 positivos novos.
Ribadavia presenta hoxe 5 casos activos, os mesmos ca dende a pasada semana, amosando estabilidade.
Cortegada conta hoxe con cinco casos activos, os mesmos nesta fin de semana logo de baixar dos seis contaxios. Leiro conta hoxe cun caso activo, a mesma cifra dende o sábado. Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.
PUBLICIDADE