Baltar e os deputados Montserrat Lama e Bernardo Varela analizan a importancia dos fondos “Next Generation” para a provincia

Reunión Manuel Baltar (Presidenta da Deputación Ourense) cos deputados provinciais Montserrat Lama Novoa (Grupo Mixto) e Bernardo Varela López (BNG).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial cos deputados provinciais Montserrat Lama (non adscrita) e Bernardo Varela (BNG) para analizar estratexias cara a xestión dos fondos europeos “Next Generation”, concordando que son clave para a recuperación económica da provincia de Ourense cando se alcance a etapa poscovid da pandemia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os tres representantes institucionais coincidiron en que cooperación, anticipación, planificación e eficacia son os eixos nos que debe gravitar a acción de desenvolvemento que experimentarán os sectores máis afectados social e economicamente polo crise do COVID-19 na provincia de Ourense, e que terán na chegada destes fondos europeos un importante elemento para a reactivación da economía ourensá.