Hoxe publicase no BOP as Bases reguladoras da convocatoria do Programa de subvencións de reactivación económica e social e prazo de presentación de solicitudes
BOP Premer na Imaxe
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o pasado 12 de abril de 2021, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do Programa de subvencións de reactivación económica e social do Concello de Ribadavia.
Requisitos: os establecidos nas bases.
Prazo de presentación de instancias: quince (15) días hábiles dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Lugar de presentación: as solicitudes, presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Ribadavia ou de forma presencial a través do rexistro de entrada do Concello de Ribadavia, situado en praza Maior 4.
Bases da convocatoria: expostas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do Concello.