O grupo folk Tor preséntase como candidato ós premios MIN 2021 en dúas categorías

Os Premios MIN de Música Independente naceron no ano 2009 para recoñecer a creación, diversidade e calidade artística de producións independentes feitas en España e así achegar a música e o proceso de produción ó público.

Publicidade

Nestes galardóns poden participar todos os artistas con gravacións musicais (cancións, EPs ou álbumes) publicados no pasado ano 2020 por produtores de discos independentes ou artistas autoeditados que cumpran cunha serie de condicións establecidas. Tamén se poden rexistrar videoclips, espectáculos en directo, deseños e fotografías relacionadas con esas gravacións musicais.

Da nosa contorna, un dos grupos que se presentan a esta candidatura é o grupo Tor, de estilo folk céltico de Galicia. Presentanse en dúas categorías, a de mellor banda emerxente e de mellor ámbum de música raíz. Piden a colaboración de todos nos a través dun voto emitido na páxina web www.premiosmin.com, tanto a eles coma ós grupos que máis vos gusten, xa que pódense emitir un máximo de 5 votos por categoría.