Ribadavia conta con 9 contaxios, presentando o máximo da comarca

O Ribeiro conta hoxe con 14 casos activos. Ribadavia presenta o máximo da comarca. Esta semana, a capital duplicaba os casos activos, pasando dos 4 ós 8 contaxios, ós que hoxe suma un ata os 9 positivos. Cortegada conta hoxe con tres casos activos, os mesmos ca na pasada semana.

Publicidade

Arnoia mantén un caso activo, rexistrado o pasado día 23 de abril. Avión, mantén un contaxiado, rexistrado esta mesma semana.

Os demais concellos, Beade, Leiro, Melón, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.

Todos os concellos están no nivel mais baixo de restricións, o medio-baixo, ao igual que os concellos da comarca do Carballiño.