Ocorrido ás 23:05 horas do día 16-05-2021, na estrada N-541(Ourense-Pontevedra), km. 22.350, no termo municipal Maside (Ourense).
O xinete, sobre a súa montura, trataba de cruzar a calzada á altura da pista asfaltada de “O puzo do Lago” e interpuxéronse na traxectoria dunha furgoneta Volkswagen Caddy, que circulaba sentido Ourense.

Tanto o xinete como o cabalo resultaron feridos graves, sendo o primeiro evacuado ao CHUO e o animal tivo que quedar nunha leira próxima á espera de ser atendido por un veterinario, pero, a primeira ollada apreciábase que tiña dúas patas fracturadas, como consecuencia do impacto contra o vehículo e feridas abertas na cabeza e pescozo pola caída e posterior arrastre sobre o asfalto. O condutor da furgoneta resultou ileso.
Para atender este sinistro foi preciso mobilizar:
Dúas ambulancias do servizo de urxencias sanitarias 061.
Dúas patrullas de motoristas e un equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense.
Bombeiros de Carballiño.
Igualmente, compareceu no lugar o alcalde de Maside, que se interesou polo estado dos implicados, sendo ambos os veciños da localidade, así como polo do cabalo, que non se descarta que teña que ser sacrificado.
Tanto o cabalo faise cargo persoal Concello Maside, informando o Sr. Alcalde que avisarían a veterinario para o seu posible sacrificio. No punto OU-100, OU-124 e OU-210.