Galicia segue ca tendencia á baixa, preto de ter menos de 2.000 casos activos de covid-19

A comunidade galega rexistra hoxe 75 contaxios novos, un descenso acusado con respecto á pasada semana. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.262, cunha rebaixa de preto de 200 persoas grazas ás altas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 31 (+3) están en UCI, 94 (+1) en unidades de hospitalización.

Publicidade

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta estabilidade. A provincia rexistra hoxe 5 contaxios novos, facendo que a cifra total baixe en preto de vinte casos nesta fin de semana,  ata os 170 casos totais. Nos hospitais hoxe a situación repunta en pranta. Contamos con 7 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=) na UCI.