Miranda reúnese cos responsables de Puntogal para potenciar no exterior o uso deste dominio a través dos centros galegos

O uso do “.gal” permitirá reforzar a imaxe de Galicia no exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas una reunión cos responsables de PuntoGal, co obxectivo de potenciar no exterior o uso deste dominio a través dos centros galegos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A aplicación do “.gal” reforza a imaxe de Galicia no exterior e facilita que as asociacións galegas participen dun dominio que permite localizar os contidos e a información cultural sobre a comunidade galega dun xeito máis fácil e promover a publicación de novos contidos dixitais no noso idioma.

PuntoGal é a entidade que xestiona o dominio galego na rede, que conta con arredor de seis mil páxinas xa baixo esa denominación. Entre elas están as institucións máis relevantes de Galicia: Concellos, administración central, universidades e multitude de empresas e entidades. Esta colaboración mantén a relevancia da Galicia exterior no dominio, no que estivo presente desde o inicio, e busca a inclusión dos centros galegos de todo o mundo no seu uso, facilitando a súa identificación tanto por usuarios da rede como por buscadores.

A presenza do dominio .gal nas redes dos centros galegos ten tamén unha importante repercusión económica e cultural, destacando desde o primeiro momento a súa vinculación con Galicia para os seus asociados e establecendo unha conexión inequívoca coa historia e a cultura galegas.