Un verquido de aceite afectou esta mañá ás rúas do centro do Carballiño

O Servicio Municipal de Emerxencias do Carballiño estivo a traballar dende as primeiras horas desta mañá ata a media tarde realizando labores de limpeza nun verquido de aceite que afectou a varias rúas do casco urbano do Carballiño. Os traballos ocasionaron problemas para a circulación de vehículos, sobre todo no acceso á Praza Maior. As rúas que máis se viron afectadas foron a Praza Maior, a rúa Cesáreo Tizón, a rúa Ribeiro, o crce na estrada de Ribadavia e a rúa Centro Galego en Bos Aires.

Nestes traballos contouse ca colaboración da Policía Local na xestión do tráfico e os bombeiros do parque O Carballiño-O Ribeiro en labores de limpeza.

AVANTAR ACTIVIDADES