Os Reis Magos escoitaron as peticións dun milleiro de nenas e nenos no Auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os Reis Magos chegaron esta tarde ao Carballiño dende o lonxano Oriente e foron recibidos polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e outros membros da Corporación municipal, no Auditorio Manuel María, un eventual lugar de encontro que véu substituír á tradicional cabalgata, que xa fora suspendida debido ao forte temporal de choiva e vento. Preto dun milleiro de nenas e nenos achegáronse a este centro cultural acompañados polas súas familias, a fin de ver ás súas máxicas maxestades e ter a oportunidade de pedirlle os agasallos aos que teñen dereito tras un ano de excelente comportamento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nun ateigado auditorio, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañdos polos seus respectivos séquitos, fixeron a súa aparición no escenario, sendo saludados polo propio Diego Fernández, mentres Melchor, como voceiro real, facía chegar á cativada os seus mellores desexos para a noite máis máxica destas festas do Nadal. A continuación, as tres maxestades tomaron asiento e escoitaron unha tras outra, as peticións que lle fixeron chegar as cativas e cativos. Á saída, os tradicionais doces e uns globiños con figuras deseñadas a cores esperaban aos asistentes.

A actividade contou coa colaboración de axentes da Policía Local, efectivos do Servizo municipal de Emerxencias e voluntarias e voluntarios de Cruz Vermella e da Agrupación Local de Protección Civil, que levaron a cabo tarefas de ordenación do tráfico e de control e axuda aos participantes na recepción no interior do Auditorio.