O Carballiño baixa ós sete contaxios e os demáis concellos manteñen cifras estables

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 11 contaxios. O Concello do Carballiño baixou hoxe un caso activo, para contar con 7 contaxios.

O Irixo mantén un so contaxio, na mesma situación ca San Cristovo de Cea. Beariz mantén hoxe dous contaxios.

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, a situación mantense estable. Hoxe é Cenlle o que mais casos rexistra da comarca, mantendo tres contaxios rexistrados a pasada semana. Ségueo Cortegada, con dous casos activos. Arnoia mantén un contaxio, igual ca Ribadavia, que conta cun so contaxio.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, salvo Cenlle, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------