A comarca mantén a situación de onte, con nove contaxios entre catro concellos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 9 contaxios. O Concello do Carballiño mantén os cinco casos, igual ca na xornada de onte.

O Irixo mantén un so contaxio, na mesma situación ca San Cristovo de Cea. Beariz conta con dous contaxios, a mesma situación ca onte.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.