O Psdeg-Psoe de Ourense acusa a Jácome de querer “impor decisións populistas” e alerta de que a rebaixa do ivtm pon en perigo a sustentabilidade orzamentaria do concello

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Dous anos despois, Jácome aínda non asumiu que non ten maioría para gobernar e que non a vai ter nos dous anos que lle quedan”, sinalan os socialistas

Aseguran que a medida do alcalde favorece os vehículos de maior cabalaxe e avogan por un modelo alternativo que aposte pola descarbonización da cidade e o transporte colectivo

Ourense, 5 de xullo de 2021. O PSdeG-PSOE acusa a Jácome de pretender “impoñer decisións populistas”, logo de que o alcalde emitise unha nota de prensa na que culpa aos socialistas de usar a estratexia do “non polo non” para botar atrás a rebaixa do imposto de circulación. Neste sentido, dende o grupo municipal socialista alertan de que a medida que pretende aprobar o alcalde atenta contra a sustentabilidade orzamentaria do Concello e atende a un modelo “claramente regresivo”.

“Dous anos despois, e a pesar dos acontecementos, Jácome aínda segue sen asumir que non ten maioría para gobernar e que nunca a vai ter nos dous anos que lle quedan á fronte da alcaldía; nin sequera despois de terse arrastrado outra vez para poñerlles paguiñas aos concelleiros do Partido Popular”, sinalan os socialistas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“É un claro exercicio de demagoxia por parte dun alcalde que pretende tapar a súa incapacidade botándolle as culpas aos demais”, manifestan, ao tempo que apuntan a que a rebaixa do imposto sobre os vehículos de tracción mecánica coa finalidade de incrementar o censo de habitantes –segundo o manifestado polo alcalde–, é unha medida “de concellos de terceira” que carecen dos recursos necesarios para levar a cabo políticas activas que lles permitan atraer e fixar poboación.

Precarización das arcas municipais

Os socialistas aseguran que, de rebaixarse este imposto nos termos que pretende facelo o alcalde, estaríase a incorrer nunha “grave precarización da administración local” –causaría un impacto do 43 % sobre as arcas municipais– polo que instan ao executivo local a artellar unha reforma fiscal global, e non “aleatoria” sobre temas “escollidos a dedo polo alcalde en función de intereses propios e non do interese común da cidade”.

Deste xeito, dende o PSdeG-PSOE de Ourense amósanse a favor de camiñar cara a un modelo de mobilidade alternativo, que aposte pola descarbonización da cidade, primando o transporte colectivo ou a bicicleta, no canto de “atraer vehículos e fomentar un estilo de vida non saudable a base de contaminación e condutas sedentarias”.

“Mostra do pouco que lle importa a Jácome a mobilidade sostible é a paralización do PMUS ou o esquinazo ao carril bici coa escusa da Cidade 30, que entrou en vigor sen a posta en marcha dunha campaña de concienciación cidadá, sen a adaptación exhaustiva das vías e sen a coordinación necesaria coa Policía Local”, lembran.

Modelo regresivo

Ademais, dende o grupo municipal socialista alertan de que a rebaixa do IVTM favorecerá aos vehículos de maior cabalaxe, polo que consideran que se está a favorecer as rendas máis altas e apostando por un modelo regresivo, “máis ventaxoso para os que máis teñen”.

A modo de exemplo, os socialistas sinalan que os vehículos de menor cabalaxe obterían un desconto do 35,85 %, cuxa repercusión nos petos dos propietarios sería de 8,73 €; mentres que nos vehículos de gran cabalaxe a redución sería do 48,64%, arredor de 106 euros menos.

DESCRICIÓNPOTENCIA (aprox.)COTA ART 95.1 ART LHLCOTA VIXENTECOEFICIENTE DE INCREMENTO ART 95.4 TRLHLAFORROPORCENTAXE DE AFORRO
Turismos      
De menos de  8 cabalos fiscais12,62 €21,35 €1,69-8,73 €35,85 %
De 8 a 11,99 cabalos fiscais1.6 – 1.734,08 €57,80 €1,70-23,72 €40,34 %
De 12 a 15,99 cabalos fiscais2.071,94 €127,35 €1,77-55,41 €43,51 %
De 16 a 19,99 cabalos fiscais2.789,61 €174,50 €1,95-84,89 €48,64 %
De 20 cabalos fiscais en diante4.0112,00 €218,10 €1,95-106 €48,64%

“As persoas que máis precisan ese desconto serían as menos beneficiadas. O alcalde está indo en contra do sentido común e da humanización da cidade”, conclúen.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------