A memoria de Daniel Prado Lamas segue viva.

O 26 de agosto de 2016 falecia en Beariz Daniel Prado Lamas tras non superar o cancro contra o que loitaba desde facía varios anos. Daniel tan só tiña 20 anos pero a súa entereza para enfrentarse a enfermidade é todo un exemplo.

O 6 de febreiro de 2020 nacia a Asociación bearicense Daniel Prado Lamas, creada por un grupo de veciños para a loita contra o cancro infantil e xuvenil.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tras a paralización motivada pola pandemia retoma a súa actividade procedendo durante os meses de xullo e agosto a levar a cabo unha laboura de captación de socios e de divulgación dos seus fins.

Constitúe o fin principal desta asociación a loita contra o cancro infantil e xuvenil mediante o desenrolo de funcións e actividades de divulgación, de prevención, de investigación, de formación e de carácter sanitario e asistencial. Unha das principais funcións que asume esta entidade é a de axudar económicamente ás familias que non dispoñan de recursos suficientes para o tratamento dos seus fillos. 

A Asociación, sen ánimo de lucro, está aberta a cantas persoas queiran colaborar. Actualmente desenvolve distintas actividades para recadar fondos e, co fin de atender aos seus proxectos, convida a quen queira asociarse cunha cota mínima anual de 12 euros , enchendo o impreso de alta que pode recollerse ou descargarse desde a páxina da aula Cemit de Beariz, devolvéndoa por email, correo postal ou en persoa.

Ao socio seralle entregado un carné. Nos teléfonos 619. 73. 73. 73 ou ao 666. 58. 06. 30, así como no correo asociaciondanielpradolamas@gmail.com informarán aos interesados.


VIDEO SPOT BEARIZ en BADAL TV