O autobús de doazón de sangue estará mañá no Irixo e en San Cristovo de Cea

A unidade móbil de doazón de sangue estará durante a xornada de mañá na nosa contorna. Neste caso, dende as 16:00 horas ata as 17:30 horas estará ubicada na Praza do Concello do Irixo. Logo, desprazarase ata o concello de San Cristovo de Cea, en horario de 18:00 horas ata as 21:00 horas. Recordamos que todos aqueles que queiran achegarse para doar sangue poderán facelo con ou sen cita previa.