Hoxe da comezo a campaña de ventas “Ilusiónate no Nadal ca Praza de Abastos”

Dende hoxe martes, deu comezo a campaña “Ilusiónate co Nadal na Praza de Abastos”. Esta iniciativa está enfocada a potenciar as ventas de produtos frescos, co premio de entrar no sorteo de dez cestas de Nadal, todas con produtos do comercio local, e caixas de viño Pazo Tizón. Estas datas son unha época importante de vendas, sobre todo tendo en conta a variedade de produtos do mar e cárnicos.

Dende a praza animan a que a cidadanía faga as súas compras, xa que na praza teñen premio. Con cada compra entregarase un papel no que deberán deixar os seus datos; estes papeis serán depositados en varias furnas, que se abrirán o día do sorteo.

AVANTAR ACTIVIDADES