O BNG de Amoeiro solicita no concello a colocación de pasos habilitados nas obras de reforma que se levan a cabo na contorna da Praza do Campo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Desde o inicio das obras, que xa acumulan demoras no tempo que non son xustificadas, a veciñanza de Amoeiro ten problemas para transitar na entrada e saída das súas vivendas, negocios, etc. dado que a colocacións dos pasos non cumpre a normativa vixente

O BNG de Amoeiro vén de rexistrar un escrito no concello no que solicita a colocación de pasos habilitados sobre as obras de substitución da tubaxe das canalizacións do abastecemento, saneamento e a construción de beirarrúas nos arredores da Praza do Campo en Amoeiro.

O motivo esgrimido polos nacionalistas non é outro que dar resposta ás queixas veciñais xa que desde o comezo das obras, non poden entrar ou saír dos seus domicilios ou mesmo facer a compra ou outro tipo de xestións nos establecementos locais coa debida seguridade que establece a lexislación vixente.

Os representantes locais do BNG en Amoeiro, veñen de solicitar que se retiren, o máis axiña posible, os tablóns colocados no seu día para transitar por riba das obras. Tablóns instalados con posterioridade ao inicio das obras, as cales estanse dilantando demasiado no tempo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Igualmente, solicitan a retirada dos tablóns reseñados e a súa substitución por uns soportes metálicos homologados para que a veciñanza poida transitar con normalidade, sen correr riscos innecesarios. Hai que reseñar que xa se produciu algunha caída, xa que os tablóns que colocaron non cumpren a normativa vixente.

Con esta solicitude, desde o BNG, pretendese pór en coñecemento da alcaldía do Concello de Amoeiro a situación irregular que a veciñanza leva vivindo nas últimas semanas, pola súa falta de celo e previsión na colocacións destes pasos peonís.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------