O cine club proxecta mañá venres o filme “Petite maman”

Este venres día 26 de novembro temos a proxección do último filme da directora francesa Céline Sciamma, Petite maman, recentemente estreada e que conseguiu o Premio do Público en San Sebastián e no Festival de Berlín. Centrada na relación entre dúas nenas de 8 anos, unha delas, Nelly, irá descubrindo pouco a pouco o mundo no que creceu a súa nai de nena e polo que se sinte fascinada. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño.