A campaña solidaria do Centro Comercial Aberto axudará á Protectora Arume

Dende a asociación do Centro Comercial Aberto presentaron esta mañá a campaña solidaria de Nadal para este ano, na que colaborarán ca Protectora de animais ARUME na recadación de fondos para que dita organización poida seguir desenvolvendo o seu magnífico traballo sendo coñecedores das dificultades nas que se atopan neste momento.

Un total de 63 establecementos asociados participarán na campaña ofrecendo ós clientes a que colaboren cun donativo de 1€. Para incentivar á que se animen a axudar, entregarase unha papeleta numerada ca que participarán nun sorteo de 5 lotes de viño doados por Pazo Tizón e 2 vales de compra de 50€ cada un do CCA.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte da protectora Arume, hoxe estivo Beatriz Míguez, unha das súas traballadoras, para falarnos máis sobre o traballo que levan a cabo.

O presidente do CCA animou a todos a colaborar con esta causa e agradeceu a labor que realiza esta protectora, así como o apoio por parte dos socios e tamén a Pazo Tizón.