Marina Ortega do grupo socialista reclama un centro de día de titularidade pública en Vilamarín

Marina Ortega lembra que Galicia é das CCAA que menos inviste por dependente, a pesares dos fondos estatais correspondentes ao Plan de Choque da Dependencia do Estado e de duplicar as esperas máximas permitidas por Lei

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que “inicie os trámites precisos para crear un Centro de Día de titularidade e xestión pública en Vilamarín”. A responsable socialista considera “fundamental” esta infraestrutura para unha localidade de nove parroquias e máis de dous mil habitantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ortega visitou Vilamarín xunto coa portavoz socialista, Mariola Iglesias, onde presentou estas iniciativas para urxirlle á Xunta que inicie o proceso para dotar deste recurso a un concello con poboación envellecida e nun contexto rural, no que se fai máis evidente o desequilibro territorial en canto á oferta de servizos para a cidadanía que reside no ámbito rural.

A parlamentaria socialista alerta de que Galicia está a rexistrar unhas listas de agarda para a resolución de Grao e dos Programas Individuais de Atención que duplican ao máximo de 6 meses fixado pola Lei de Dependencia. Esta Comunidade Autónoma é ademais a que menos inviste por habitante potencialmente dependente de España, a pesares dos fondos estatais específicos entregados polo goberno de España dentro do Plan de Choque da Dependencia”.

Marina Ortega lembra que estes fondos están destinados especificamente a axilizar as listas de espera e mellorar os servizos de atención. Reclámalle así á Xunta que empregue tódolos recursos e mecanismos dispoñibles para “blindar o sistema de atención á Dependencia ou maiores” co obxectivo de “ofrecer atención de calidade aos galegos e galegas nunha das comunidades autónomas máis envellecidas de todo o país”.


O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa
deputada e deputado, Marina Ortega Otero e Julio Torrado Quintela, a
través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate en Pleno

A pandemia da Covid-19 fixo translúcidos problemas de base en canto ao
modelo de coidados en Galicia. En concreto a chamada Lei de dependencia
marca seis meses como máximo para a propia resolución de Grao e de PIA
(Programa Individual de Atención) e no caso de Galicia estamos a vivir listas de
agarda de máis do dobre do que a lei permite.
Ademais Galicia é das CCAA que menos inviste por habitante potencialmente
dependente de toda España.
Datos moi preocupantes nun contexto de normalidade e máis aínda trala crise
socio económica motivada pola pandemia.
Hai que ter en conta que Galicia é beneficiaria de importantes fondos estatais
específicos para axilizar as listas de espera e para mellorar os servizos de
atención por parte do “Plan de Choque de la Dependencia” do Goberno de
España.
Polo tanto dende o Grupo Parlamentario Socialista consideramos fundamental
blindar o sistema de atención á dependencia ou maiores para ofrecer atención de
calidade aos galegos e galegas nunha das CCAA máis envellecidas de todo o
país.
Outro factor a ter en conta é o desequilibrio territorial que existe en canto á
oferta de servizos para a cidadanía que reside no ámbito rural.
Un dos servizos máis importantes para ofrecer coidados terapéuticos e de
calidade a persoas maiores ou con dependencia son os centros de día. O concello
de Vilamarín abarca nove parroquias e máis de dous mil habitantes, polo que é

fundamental dar cobertura aos veciños e veciñas mediante un centro de día que
garanta os coidados nunha poboación envellecida e nun contexto rural.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte

Proposición non de lei:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que inicie os trámites
precisos e orzamentarios para crear un centro de día de titularidade e xestión
pública en Vilamarín.”