A Xunta porá en marcha unha nova convocatoria do Bono Turístico

fotos recurso aeropuertos aeroporto santiago de compostela turismo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que se inicia o proceso para a posta en marcha da nova convocatoria do bono turístico. Está previsto que a principios de marzo se poida abrir o prazo de adhesión ás empresas turísticas interesadas para que a mediados dese mes se publique a nova convocatoria.

Alfonso Rueda confía en que se repita de principio a fin o éxito da anterior edición, que tivo unha gran acollida, esgotando as 12.300 tarxetas dispoñibles en 12 horas e con case 1.200 establecementos turísticos participantes. Esta iniciativa pioneira permitiu inxectar 7,7 millóns de euros no sector, converténdose nun globo de osíxeno para inxectar liquidez, sobre todo en temporada baixa a través do turismo interno dos propios galegos que se animaron a descubrir a súa comunidade. De feito, os meses de maior consumo foron os do terceiro trimestre, o que ofrece unha idea da capacidade de desestacionalización desta medida.

AVANTAR ACTIVIDADES