Sempre é unha boa oportunidade para escoller a Praza de Abastos como punto de venda de produtos frescos, e nestas épocas de Entroido tamén é unha boa alternativa. Hoxe estivemos alí para coñecer a variedade de produtos para preparar o típico cocido.
Dende a Praza apostan polo sector primario con recollida diaria, para ofrecer un produto fresco cada día. Tamén son moitos os restaurantes que recorren a eles para o abastecemento das súas cociñas.
Tamén sabemos que hai moita xente que non come carne, e máis pensando xa na Cuaresma, polo que tamén preguntamos polo peixe. Estes días hai quizáis menos cantidade, porque estivo o tempo revolto no litoral, pero o abastecemento está garantido.