Vox Ourense solicita ao alcalde a reapertura do cámping de Untes

VOX Ourense solicita ao alcalde de Ourense a reapertura do cámping de Untes e esíxelle que deixe de menosprezar aos “ autocaravanistas

VOX Ourense solicitou ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá), que busque unha solución para recuperar o cámping de Untes, xa que está totalmente abandonado e desaproveitado desde o ano 2015.
O presidente provincial da formación, Antonio Pérez Álvarez, asegurou que o cámping de Untes, situado a 10 km do centro da cidade, “ten unha situación privilexiada a beiras do Río Miño”. Por ese motivo, “é inaudito que o Goberno Municipal perda a oportunidade de aproveitar este complexo”, xa que supón “un importante valor para a economía da zona grazas á xeración de emprego”, así como “un importante apoio ao turismo rural”, advertiu Pérez.
O cámping de Untes leva anos pechado “a pesar dos diferentes partidos políticos que pasaron pola alcaldía e que deixaron ao carón a petición dos veciños de reabrir o cámping”, sinalou Pérez Álvarez.
Ademais, o presidente de VOX Ourense lembrou que “hai anos presentouse un proxecto para o seu acondicionamento, valorado nun 826.000€” pero, denuncia, “posiblemente estea perdido nalgún caixón do Concello”.
Antonio Pérez considera “inaudito” que se desperdicie a oportunidade de “aproveitar o complexo que agora está totalmente abandonado” e que, durante anos, “foi obxecto de roubos de mobiliario e de equipos de aire acondicionado”.
Así, o equipo provincial de VOX Ourense coincide coa petición dos autocaravanistas, na que se solicitan a reapertura inmediata do cámping, do mesmo xeito que critican as “desafortunadas” declaracións do alcalde, Pérez Jácome, quen, en máis dunha ocasión, menosprezou a este colectivo tras asegurar que “prefire desviar o turismo das auto caravas a outros puntos da xeografía galega” xa que, en palabras do rexedor municipal, “só xeran consumo autosuficiente”.

AVANTAR ACTIVIDADES