O cine club proxecta un filme mexicano e un documental sobre o ISIS

Esta fin de semana o Cine Club volve a ter dobre programación. O venres día 11 de marzo proxectarán a película mexicana “Sin señas particulares”, da directora Fernanda Veláez, centrada no drama da inmigración. Recibiu o Premio do Público no Festival de Sundance o Premio Horizontes á Mellor película latinoamericana do Festival de San Sebastión. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no auditorio Manuel María do Carballiño.  

E o domingo día 13 de marzo continúan ca programación de documentais. Proxectarán un filme español, “El retorno. La vida después del ISIS”, que aborda a situación das mulleres occidentais que se enrolaron no Isis e que intentar refacer as súas vidas voltando ás súas casas. O seu pase será ás 19:00 horas tamén no auditorio Manuel María. 

AVANTAR ACTIVIDADES