Gabriel Alén destaca os máis de 1,5M€ mobilizados polas empresas de Ourense ao Abeiro do programa Galicia exporta dexital da Xunta

IES CHAMOSO LAMAS

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde de Pereiro de Aguíar, Luís Menor, a empresa VP Ourense Interiorismo, unha das beneficiarias con 20.800 euros das axudas concedidas ao abeiro do programa Galicia Exporta Dixital en 2021.

O delegado territorial subliñou que na provincia de Ourense 24 empresas foron subvencionadas pola Xunta con 871.596 euros que mobilizaron 1.537.928 euros, un 9,25% sobre o total da axuda concedida.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Gabriel Alén destacou que os apoios da Vicepresidencia segunda e consellería de Economía, Empresa e Innovación permitirán aos beneficiarios acometer actuacións de consultoría como diagnóstico de potencial exportador dixital, plans de internacionalización dixital multicanle, plans de mercados electrónicos concretos ou cubrir gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital. Tamén adquirir software relacionado con solucións tecnolóxicas para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais, programación a medida, solucións de analítica ou intelixencia automatizada así como de inbound márketing ou mesmo crear e adaptar tendas online.

Con esta liña preténdese apoiar a transformación dixital do tecido empresarial galego para favorecer o aforro de recursos, a simplificación dos procesos e a apertura de novas canles de comercialización de produtos e servizos que faciliten o acceso a clientes e mercados de todo o mundo.

O delegado territorial aproveitou a súa a súa visita á empresa VP Ourense Interiorismo para lembrar que o prazo de presentación de solicitudes da nova convocatoria na procura de facilitar e promover a internacionalización do tecido produtivo galego está aberto dende o pasado 26 de febreiro e remata o 25 de abril. Para isto, a nova edición conta cun orzamento da Xunta de Galicia de 4,4 M€ co obxectivo de apoiar a expansión internacional de empresas —especialmente pemes— e autónomos, a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras.

As axudas son de concorrencia non competitiva e cobren ata un máximo do 80% dos gastos e investimentos necesarios para desenvolver e implementar o plan de internacionalización dixital. Pódese presentar unha única solicitude por empresa cun gasto subvencionable de entre 18.000 e 100.000 euros. No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca, o gasto subvencionable mínimo pode ser igual ou superior a 14.000€, cun máximo de 37.500€ no caso de empresas do sector da pesca e de 25.000€ para as de produción agraria.

A Empresa

VP Ourense Interiorismo desenvolve accións de marketing internacional dixital para aumentar a visibilidade da marca a nivel europeo. Ademais aplica solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing online; e busca solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio online. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores online por parte de axencias. Tamén elabora campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, e crea e adapta tendas online.

Balance 2021

O programa Galicia Exporta Dixital permitiu ata o de agora impulsar máis de 330 plans de internacionalización encamiñados á promoción das empresas e os seus produtos en máis de 90 países, por importe de preto de 12M€. Así mesmo, compleméntase coas liñas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, que contarán cun orzamento de 7,5M€ para o ano 2022, e que o prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de maio.

Esta serie de accións enmárcanse na nova Estratexia de Internacionalización de Galicia, que ten como principais claves a aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores.

Esta estratexia busca que as compañías galegas multipliquen por tres as exportacións a América do Norte, e dupliquen as súas vendas a América do Sur e Asia, ademais de incrementar en máis dun 25% a facturación no Reino Unido. Para acadar ditas metas, contémplase, como primeiro paso, un plan de acción inicial ata o 2023 que suma máis de 70M€ para impulsar a recuperación económica do tecido empresarial galego tras a pandemia da covid-19.

Esta aposta pola internacionalización fixo de 2021 un ano histórico para as exportacións galegas. As vendas ao exterior da Comunidade superaron os 25.000M€ o pasado exercicio, o que se supón un novo teito e un incremento do 21,1% con respecto a 2020. Cifras ás que cabe sumarlle outras como a suba do número de empresas exportadoras galegas, que marca tamén neste período un novo récord chegando ás 9360, un 31,5% máis que en 2020.

Exportacións da provincia de Ourense

En 2021, as exportacións de Ourense ascenderon ata 1.016M€, un 32,1% máis que o ano anterior. A balanza comercial pecha o ano cun saldo de 352 M€, un 22,67% máis que en 2020.

Os principais produtos exportados pola provincia están liderados polo sector da pizarra e as súas manufacturas, cun total exportado de 205M€ ( 5,3% que en 2020). Este sector representa o 20,2% do total de exportacións da provincia. No segundo lugar están os equipos e compoñentes de automoción, cun total exportado de 136M€. Este sector exportou un 22,2% máis que no ano 2020 e representa o 13,5% do total de exportacións de Ourense. A confección feminina ocupa o terceiro lugar cunhas exportacións totais por valor de 57M€, un 57,9% máis que en 2020 e representa o 5,6% do total de exportacións.

O principal destino das exportacións de Ourense é Europa, que acolleu o 76,9% das exportacións totais da provincia, un 26% máis que en 2020. Como principais países europeos importadores de mercancías galegas atópanse 1º Francia cunha cota do 20,9% (213M€; 34,3%) 2º Portugal cota do 19,0% (193M€; 10,7%) 3º Reino Unido cota do 9,9% (100M€).

En canto ás empresas da provincia, Ourense pecha o ano con 1.020 ( 38,2%) empresas exportadoras das cales 255 son exportadoras regulares ( 13,8%).