O concello remata o arranxo da rúa Costa Rica, incorporando un carril bici

Na mañá de hoxe leváronse a cabo os últimos retoques para a apertura da rúa Costa Rica ó tráfico, logo de varios meses nos que se levou a cabo o seu acondicionamento. Esta rúa enlaza a baixada a Astureses coa Avenida do Arenteiro, de ahí a importancia da súa rehabilitación, xa que tamén é un dos accesos ó parque municipal. Con estas obras, tamén se incorporou un carril bici, con maior amplitude.

O concello do Carballiño foi o encargado da realización desta obra,  cuxo acondicionamento supuxo un investimento da administración local de 211.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES