O Centro de Estudos Chamoso Lamas traballa no seu duodécimo congreso

IES CHAMOSO LAMAS

O Centro de Estudios Chamoso Lamas elabora o próximo congreso, que se desenvolverá baixo o título de “XII CONGRESO DO CENTRO DE ESTUDIOS CHAMOSO LAMAS: VALORIZACIÓN E XESTIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL” a finais do mes do setembro e comezo de outubro na súa sede da Casa da Bexanca en Cabanelas.

Nesta edición, que se aprazou o pasado ano por causa das restricións derivadas da pandemia do coronavirus, o centro de estudios quere poñer en valor o importante patrimonio cultural e medioambiental do Carballiño e a comarca, así como avaliar os modelos de xestión actuáis e propoñer novas alternativas encamiñadas tanto á súa conservación como á divulgación.

OZOCOgz Deseño Galego

Está previsto ultimar o programa e presentalo a finais do mes de xuño, abríndose o prazo para a presentación de traballos e para as inscricións.

Do mesmo xeito que nos anteriores congresos, estase a tramitar a colaboración da Universidade de Vigo co obxectivo de que as persoas inscritas poidan obter os cretos académicos correspondentes.

Por outra parte, o centro de estudios programa dúas rutas culturais guiadas, que terán lugar nos meses de xuño e xullo. No primeiro caso, trátase dun percorrido urbano polo casco histórico do Carballiño, e no segundo, a través da senda do río Arenteiro entre a Ponte Veiga e a Ponterriza.

As convocatorias de ambas rutas realizarase nas próximas semanas e anunciarase a través dos medios de comunicación e na páxina web do centro de estudios.